A 24ª MITEU reunirá en Ourense ata 28 espectáculos

A mostra de teatro Universitario reúne compañías de sete países en 17 días

A mostra de teatro Universitario reúne compañías de sete países en 17 días
Coa recollida aínda recente do Premio de Honra Marisa Soto na pasada gala dos Premios María Casares, a Aula universitaria de teatro de Ourense volve actuar de anfitrioa e organizadora da 24ª Mostra Internacional de Teatro Universitario. Vinte e oito espectáculos nos que están representadas sete comunidades autónomas e 7 estados diferentes (México, Costa Rica, Nicaragua, Chile-Holanda, Portugal e España) conforman o programa desta nova edición desta cita que comezará o xoves 25 de abril e se prolongará ata sábado 11 de maio con espectáculos de teatro de rúa, circo, danza, música, cursos e charlas. A propia Aula Universitaria de Ourense abrirá esta edición, primeiro cun desfile na rúa e despois xa no Teatro principal coa obra O Corpo estelar, e tamén será a encargada de poñerlle a coda final coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse. Entre medias a 24ªMITEU reunirá en Ourense as principais propostas xurdidas dos espazos universitarios entre os que estarán as compañías galegas dos espazos académicos de Santiago, Lugo e Vigo. Ademais durante o evento terá lugar o 9º Encontro de Danza Interuniversitario, o venres 3 de maio no Auditorio Municipal.

24ª MITEU.
PROGRAMA DE MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO 2019