Do 11 de abril ao 9 de maio, a cidade de Ourense acolle a celebración da 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). A cita foi presentada este mércores no Teatro Principal de man de representantes das entidades patrocinadoras e organizadoras: Sarabela Teatro, Universidade de Vigo, Deputación Provincial de Ourense, Xunta de Galicia, Liceo de Ourense e Cervexas Esmorga. Nas súas intervencións subliñaron a relevancia desta mostra "froito do traballo colaborativo das diferentes institucións", tal e como apuntou o vicerreitor do campus. Fernando Dacosta, director do certame, foi o encargado de expor as caracterÃsticas desta edición, agradecendo de xeito especial o compromiso das institucións implicadas na súa celebración e pondo en valor a traxectoria desta mostra. A 29ª Miteu contará con 23 espectáculos, ademais de animación e promoción de rúa e un curso sobre a expresión do clown. Haberá presenza de grupos de Mozambique, Colombia, Portugal e España (Navarra, Castela e León, Madrid, Estremadura, Euskadi e Galicia), estando representadas todas as aulas universitarias teatrais galegas (A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense). A programación, que se desenvolverá en diferentes espazos da cidade, contará coa participación de 14 grupos de teatro universitario e nove de teatro profesional-grupos convidados, entre eles Alberto Sanjuan, Quico Cadaval e Aldaolado.
A música tamén terá un protagonismo destacado, con concertos de Budiño, que estreará o seu novo disco 'Branca vela'; FactorÃa de Subsistencia, The Tetas Van e O Sonoro MaxÃn. Igualmente haberá espectáculos de danza das aulas dos campus galegos (entre elas a de Ourense) e dunha compañÃa de Mozambique e unha gala de Pallasos en RebeldÃa cuxa recadación irá destinada a Gaza Stars Circus School. O premio da 29 Miteu irá para o Cine Clube Padre Feijóo "polo seu labor fundamental dentro da cultura" da cidade de Ourense. Ao longo dos dÃas de programación actuarán as aulas de teatro da Universidade de Vigo. Do campus de Ourense participarán as aulas Rosaura, que inaugurará a mostra co seu espectáculo 'Operación rescate'; Cordelia, que representará 'Retrato dun tremor', e Maricastaña, que pechará esta edición con 'Desequilibrios'. A Aula de Teatro de Vigo traerá a Ourense 'Soño dunha noite de verán' e a de Pontevedra 'Estupidez artificial'. Por último, igualmente estará a aula de danza ourensá, co espectáculo 'O xardÃn das danzas'. O martes 30 terá lugar unha "Gala pro-palestina" a cargo de Pallasos en rebeldÃa. A Aula de teatro da USC en Santiago traerá o espectáculo 'AntropoloxÃa do bico (a sÃndrome do túnel carpiano)', mentres que a CompañÃa de Teatro Universtario da USC de Lugo escenificará ' Deixando a pel'. O program ao compelto está dispoñible asà como a adquisición de entradas