A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) celebrará finalmente a súa 25ª edición en xullo. Nin o aprazamento forzado polo Estado de Alarma respecto ás súas habituais datas primaverais (abril), nin a falta de apoio do Concello de Ourense poderán separar a este veterano evento teatral da súa cita coa capital das Burgas. Contando co apoio do Campus Universitario da Universidade de Vigo, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial que xestiona o Teatro Principal a 25ª MITEU terá lugar entre o 3 e o 15 de xullo, nun formato adaptado ás circunstancias pero que "manterá a esencia" deste encontro internacional de grupos universitarios de arte dramática. A organización asà o fixo saber ademais de especificar que o Concello de Ourense rexeitou participar do evento cos 3.000 euros que se lle pedÃan para facer fronte a gastos moi concretos de organización. O programa da 25ª MITEU aÃnda está por coñecerse pero é de supoñer que haberá varias actuacións de rúa.
Practicamente en paralelo desde o consistorio ourensán presentaron hoxe a que será a súa programación cultural de verán, que se desenvolverá na Terraza do Auditorio os meses de xullo, agosto e setembro. Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, acompañado de Mario González, concelleiro de Cultura, e dun técnico municipal, foron os encargados de presentar o Verán Cultural. O programa, de "transición" cara á normalidade "até que se poidan celebrar espectáculos masivos", en palabras do alcalde, inclúe música de diferentes estilos (blues, folk, fusión, ópera), teatro e circo a cargo de compañÃas premiadas en certames nacionais e internacionais. Entre eles, o espectáculo de danza e pintura de Shakti Olaizola, ou o clásico de Shakespeare Mucho ruÃdo y pocas nueces.