Un congreso sobre o ferrocarril en Galicia celebra os 125 anos da chegada do tren a Ourense

Ourense sube ao tren

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O 31 de marzo de 1881 chegaba por primeira vez o ferrocarril a Ourense. Agora, 125 anos despois, esta cidade acolle, entre o 28 de abril e o primeiro de maio o Congreso da Federación Española de Asociacións de Amigos do Ferrocarril. Ata 150 persoas analizarán nestes días a realidade deste medio de transporte no noso país. Ademais, a Colección do Ferrocarril Pacheco-Outeiriño presentará un libro sobre a chegada o tren, haberá unha visita ao Museo do Ferrocarril de Monforte e o Galaico Expreso realizará varias viaxes promocionais.

Máis información en La Región e no noso tema sobre cultura ferroviaria

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Pacheco, Asociacións, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares