Abre o Museo do Ferrocarril de Vilagarcía mentres se presenta un estudo sobre a historia do tren en Galicia

Vías para a historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O tan anunciado Museo do Ferrocarril de Vilagarcía, na antiga estación de Carril, xa é unha realidade. Esta fin de semana abría as súas portas este centro, que recolle a evolución parella da cidade e máis do tren e inclúe contidos interactivos de carácter pedagóxico. Ao tempo, coñecemos a presentación dun estudo sobre a historia do tren en Galicia. Un grupo de profesores do IES Pino Manso, do Porriño, presentouse a coincidir cos 125 anos da liña Ourense-Vigo, e recolle a evolución deste medio de transporte no noso país, ademais de amosar a situación en que se encontran actualmente as vías.

Máis información no web do Concello de Vilagarcía e nos nosos arquivos sobre o museo; en Vigo Metropolitano sobre o estudo

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Concello de Vilagarcía, Culturagalega, Pino...