Proxectan un novo Museo do Ferrocarril en Vilagarcía mentres é premiado o centro etnográfico da Fonsagrada

Centros para Vilagarcía

O Concello de Vilagarcía acaba de destinar unha partida de 865.000 euros para a construcción dun Centro de Interpretación da Ría e dun novo Museo do Ferrocarril, que se localizará na antiga estación de trens e contará co financiamento do proxecto Interreg III. Ademais, integrarase nunha futura rede de museos galegos e portugueses promovida pola Unión Europea. Pola súa banda, o Museo Etnográfico da Fonsagrada recibía onte o premio Pedra do Destino, co que os Amigos dos Museos de Galicia recoñecen o traballo desenvolvido en defensa do noso patrimonio cultural. O premio está dotado cunha contía de tres mil euros e será entregado o vindeiro mes de xullo.

Máis información sobre o museo do tren en ríasbaixas.org