Este catro de novembro, a conmemorar o 150 aniversario da primeira liña férrea de Galicia, abrÃa as súas portas o Museo do Ferrocarril en VilagarcÃa de Arousa. O centro, situado na antiga estación de Carril, punto de orixe desa primeira ruta ferroviaria galega, conta con contidos renovados logo dun investimento municipal de 48.200 euros que rematou con anos de abandono.
A empresa Trivium correu coa renovación deste centro, que artella o seu discurso museográfico arredor dese primeiro traxecto ferroviario que unÃa Carril con Corme, en Santiago de Compostela. Canda a isto, percorre a evolución de VilagarcÃa de Arousa en relación a este medio de transporte, auténtico motor do desenvolvemento comarcal.
Entre outras pezas, o centro acolle un antigo cambio de agullas, un depósito de auga empregado nas locomotoras de vapor, unha maqueta de gran tamaño, ou unha colección de miniaturas ferroviarias históricas fan parte da exposición que se incorporou ao centro.
Segundo destacou o alcalde de VilagarcÃa Alberto Varela, na inauguración "sabemos que non é nin o máis grande nin o mellor museo do mundo, tampouco o pretendemos. Simplemente é o noso, o do primeiro ferrocarril de Galicia, que se di pronto". O acto de inauguración contou tamén con representantes do Concello de Santiago, da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril, da Real Sociedade Económica de Amigos do PaÃs e da Asociación de Profesionais do Ferrocarril.