Abre o Centro de Interpretación das Conservas na Illa de Arousa

A antiga fábrica Goday acolle as instalacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A importancia histórica da industrica conserveira na Ría de Arousa estará reflectida a partir desta tarde nun espazo propio. A antiga fábrica de conservas Goday, na Illa de Arousa, abrirá coma Centro de Interpretación das Conservas, nun acto que contará coa presenza da Conselleira de Pesca Carmen Gallego. A factoría da que foi a primeira conserveira galega, en 1879, foi recuperada mediante un proxecto do arquitecto Gallego Jorreto que contou cun orzamento de 600.000 euros.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de Arousa, Ría de Arousa