Unhas xornadas analizarán o patrimonio industrial de Rande

Abordaranse as conservas ou o wolframio na enseada de San Simón

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A industria conserveira, as instalacións de carga de wofram ou o flamante Meirande, Centro de Interpretación da Batalla de Rande, centran as I Xornadas sobre o Patrimonio Industrial de Rande. O encontro contará coa presenza de especialistas coma Xoán Carmona, que analizará as infraestruturas industriais na enseada de San Simón, ou de Eduardo Rolland, que explicará a pegada da exportación de wolframio durante a Segunda Guerra Mundial neste lugar.

O encontro completarase cunha saída en barco para coñecer o patrimonio que se conserva na enseada de San Simón e cunha visita guiada que permitirá coñecer Meirande, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande que ocupa a antiga Fábrica do Alemán nesta localidade.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, San Simón, Eduardo Rolland, Eduardo Rolland...