Un grupo arqueolóxico ruso reunirase con Felipe Arias para proxectar o rescate do tesouro de Rande

Rande fala ruso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O interese dos rusos por rescatar do fondo da ría de Vigo os galeóns que afundiran durante a Batalla de Rande (1702) non é novo. Hai case dous anos xa anunciaran a súa intención de realizar as escavacións para localizar os 22 pecios afundidos, para o que solicitaron as debidas autorizacións. Agora, o mesmo grupo (San Simón GmbHi.gr) anuncia a celebración dunha xuntanza con Felipe Arias, director xeral de Patrimonio Cultural para deseñar un plan de rescate do coñecido “Tesouro de Rande”. O estudo que presenta o consorcio ruso (que conta con participación xermana) supón o investimento de 230 millóns de euros en cinco anos de traballo cun equipo de 250 especialistas.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre outros intentos do grupo ruso no noso tema e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Culturagalega, La Voz de Galicia, Ría de Vigo...