Os trens de xoguete protagonizan a nova mostra do Museo de Pontevedra

O centro conmemora os 130 anos da chegada do ferrocarril á cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Os trens de xoguete protagonizan a nova mostra do Museo de Pontevedra

Historia do tren de xoguete español é o título da mostra que acaba de inaugurar o Museo de Pontevedra no Edificio Sarmiento da Capital do Lérez. Un total de 300 pezas compoñen a que o comisario José Antonio Quiroga asegura é a "mostra de xoguetes máis completa que se pode visitar agora en España" e que percorre os modelos ferroviarios fabricado no Estado ao longo de cen anos. Ferrocarrís, maquetas de estacións e outros elementos de xoguete atópanse nunha exposición que permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de maio e que pretende conmemorar os 130 anos da chegada do ferrocarril a Pontevedra.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Xoguetes efémeros

Xoguetes efémeros

Unha mostra exhibe a evolución da industria do xoguete europea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Lérez

Claves