Novos artistas galegos expoñen en Madrid e participan en "Miradas Virxes"

Olladas novas de artistas novos

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Xaneiro comeza con forza para os novos artistas galegos. Son dous os proxectos que se veñen de pór en marcha para promocionar os creadores que comezan a expor. Se desde Ferrol nace o proxecto "Miradas Virxes", que pretende organizar exposicións e mesas redondas durante todo o ano, o Centro Arte Xove de Madrid acolle unha mostra dos creadores recén saídos da Facultade de Belas Artes.

Miradas Virxes


"Miradas Virxes" é un proxecto promovido polo Centro Torrente Ballester de Ferrol, que pretende realizar, durante todo o ano, oito exposicións individuais e varias mesas redondas sobre asnovas porpostas artísticas. Moitos dos artistas que participarán nas exposición proveñen da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e realizarán intervencións específicas no propio centro. O primeiro creador en expor a súa obra será Vicente Blanco a partir do 19 de febreiro. Logo del virán Arturo Fuentes, Álvaro Negro, Martín Pena, Mónica Trastoy, Belén Felipe, Andrea Costas e Alberto Carou.




Centro de Arte Xove

O Centro de Arte Xove de Madrid acolle unha mostra colectiva na que se amosan obras de varios artistas das últimas promoción saídas da Facultade de Belas Artes. A exposición "Funxibles e Inventariables" xurdíu do intercambio realizado entre as facultades de Madrid e de Pontevedra. A Cidade do Lérez xa acollera recentemente a exposición de artistas madrileños "Circuítos". Os galegos que, desde hoxe e ata o vindeiro día tres, expoñen en Madrid son Arturo Fuentes, Holga Méndez, Noemy Montes, Joshua Moon, Martín Pena, Mirta Pequeño, Tania Sanjurjo e Mónica Trastoy.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Veñen os 80

Veñen os 80

A mostra Xeración 80 abre a nova liña expositiva do Pazo da Cultura de Pontevedra

Elas… as artistas

Elas… as artistas

Un proxecto pretende dar a coñecer as artistas formadas na Facultade de Belas Artes