Elas… as artistas

Un proxecto pretende dar a coñecer as artistas formadas na Facultade de Belas Artes

26/10/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Victoria Couso. Sobre a improvisación da alma, 2010

“Malia que o número de alumnas é moi superior ao dos alumnos na Facultade de Belas Artes, apreciamos son poucas as que ingresan no circuito profesional, menos as que permanecen, e moitas menos aínda as que acadan recoñecemento” explica a artista e profesora Mar Caldas. Ela, xunto coa creadora Almudena Fernández, comisarían un proxecto que pretende poñer en valor os novos valores a través de tres liñas de actuación: unha atípica exposición en lonas polas rúas de Vigo mais unha serie de reproducións de obras de arte en postais, que logo se converterán en neceseres divulgativos que darán conta da creatividade destas novas artistas. A iniciativa, que se chama Artistas, está en marcha estes días.
Alén do feito común de ser novas, as artistas participantes nesta campaña comparten outros denominadores comúns. “Son traballos figurativos, e que son todas figuras femeninas” explica Mar Caldas. Canda eles, todos os traballos seleccionados empregan tecidos que “dunha maneira crítica ou irónica lembran a labores relacionada coa muller” ao tempo que empregan con "espazos ou obxectos que remiten ao espazo privado ou o doméstico”.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares