Sábato e Touriño renden homenaxe ao exilio galego no bonaerense café Tortoni

O outro exilio

14/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O presidente da Xunta organizou este domingo unha homenaxe ao exilio galego en Bos Aires, na viaxe institucional que está a realizar por Arxentina. Foi no mítico café Tortoni, refuxio de artistas, intelectuais, bohemios e tamén de boa parte da diáspora da guerra. Alí, o escritor Ernesto Sábato recitou poemas de Rosalía e lembrou o seu amigo, o intelectual galeguista, poeta e sempre vencellado ao xornalismo, Lorenzo Varela. Precisamente sobre a súa figura trata o libro que o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, presentou esa mesma tarde no café Tortoni.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e sobre Lorenzo Varela na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Diáspora, Guerra, Poemas...