A Real Academia acorda homenaxear a Lorenzo Varela no Día das Letras do 2005

O día de Varela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Aínda que cun certo debate sobre os méritos do único candidato presentado, a Real Academia Galega aprobou por maioría o pasado sábado dedicar o Día das Letras do vindeiro ano ao poeta e xornalista Lorenzo Varela. A candidatura de Varela foi presentada por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas, que consideran de grande importancia a obra deste lugués que colaborou en boa parte dos proxectos que se desenvolveron no exilio americano durante o franquismo. Na mesma sesión, a RAG decidiu nomear académico correspondente o escritor Marcos Valcárcel.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e en La Opinión

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Marcos Valcárcel, Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero...