A Real Academia discutirá no seu plenario a candidatura de Lorenzo Varela para o vindeiro Día das Letras

A promesa de Varela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas serán os principais valedores da candidatura de Lorenzo Varela para o vindeiro Día das Letras no plenario que a Real Academia Galega celebra mañá. Onda eles, varias asociacións da comarca da Ulloa reclaman a homenaxe para este xornalista e poeta que até o de agora é o único candidato para o 2005 que se presentou a través do rexistro, segundo informa “Galicia Hoxe”, que o dá como seguro homenaxeado. Varela xa fora candidato a ser homenaxeado o dezasete de maio en anos anteriores.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a proposta; sobre a aceptación da noticia na Ulloa; artigo de Isaac Díaz Pardo sobre Lorenzo Varela en La Voz de Galicia; o noso tema sobre a selección de candidatos para o Día das Letras

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plenario, Galicia Hoxe, Ulloa, Xosé Neira Vilas...