As editoras galegas preparan as súas publicacións sobre Lorenzo Varela, homenaxeado no Día das Letras do 2005

Preparando o 17-M

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Logo da Poesía Galega de Lorenzo Varela publicada por Xerais, as diferentes editoras do país van desvelando os seus proxectos sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras. Deste xeito, e segundo recolle Galicia Hoxe, Galaxia anuncia a publicación dunha biografía realizada por Antón Lopo, mentres Xerais contou con Alonso Montero para realizar unha aproximación ideolóxica á obra de Lorenzo Varela, e con Fernando Salgado para elaborar unha fotobiografía do autor. Pola súa banda Edicións do Castro, ten á venda os dous poemarios en galego do autor e o libro homenaxe organizado en 1979 por Luís Seoane.

Máis información enGalicia Hoxe

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Luís Seoane, Antón Lopo, Poesía...

Claves

Protagonistas
Conceptos