Catro asociacións da Ulloa pídenlle á RAG que teñan en conta a Lorenzo Varela para o Día das Letras Galegas

Máis candidatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cando se cumpre un mes da celebración do último día das Letras Galegas continúan aparecendo máis nomes na lista de posibles homenaxeados para a edición do ano que vén. Florencio Delgado Gurriarán, Manuel Lugrís Freire ou Álvarez Blázquez son algúns dos nomes dos que xa se falou. O último en incorporarse á lista é Lorenzo Varela. Catro asociacións da Ulloa acaban de remitirlle á Real Academia Galega un escrito para que teñan en conta os seu méritos, a súa importancia social e cultural no exilio, así como ser traductor de Baudelaire e autor de “Lonxe”. A ultima palabra teráa a RAG no plenario que celebrará nos primeiros días de xullo, no que tamén abordará a normativa da concordia.

Máis información sobre a candidatura de Lorenzo Varela en La Voz de Galicia e sobre o proceso para escoller o homenaxeado no Día das Letras Galegas no noso tema do día

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Asociacións, Ulloa, Manuel Lugrís...