O Día das Letras Galegas estará dedicado á memoria e ao traballo do etnógrafo Xaquín Lorenzo

Xocas 2004

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ademais de aprobar a reforma da norma a Real Academia Galega tiña este sábado na súa orde do día outro asunto importante. Tratábase de decidir a quen se lle ía dedicar o día grande de Galicia, o Día das Letras Galegas, no 2004. A decisión estaba entre Plácido Castro, Lorenzo Varela e Xaquín Lorenzo, “Xocas”. Ao final o etnógrafo Xaquín Lorenzo (Lobeira, 1907- Ourense, 1989) será o número 42 dos homenaxeados. Xocas destacou polos traballos a prol da cultura tradicional do país, ademais de ser un dos últimos representantes da Xeración Nós. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Museo do Pobo, e colaborou en todas as iniciativas culturais da posguerra como a RAG, o Museo do Pobo ou Galaxia.

Máis información en Vieiros, e sobre o proceso para a elección do homenaxeado no día das Letras en culturagalega.org

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xaquín Lorenzo, Xocas, Día das Letras Galegas, Vieiros...