Desde neno, aprendeu polo seu pai o gusto polos costumes, por buscar entre os restos para descubrir como vivía e, deste xeito saber como era a xente. Foi un especialista no estudio da casa, do carro e dos oficios. E todo ese gusto polo que se chama cultura material fíxoo merecedor en vida dunha morea de premios. Agora, cando se cumpren once anos do seu pasamento, a Real Academia Galega quítalle o po á súa memoria outorgándolle o día grande de Galicia no 2004. O Día das Letras Galegas. O seu nome: Xaquín Lorenzo (Ourense, 1907- Lobeira, 1989), "O Xocas".
Naceu en Ourense, no número 30 da rúa da Paz. Un feito importante porque o mantería en contacto con Otero Pedrayo que vivía na casa de enfronte, co que continuou a súa amizade. Alimentada despois con Vicente Risco ou Cuevillas nas tertulias que se celebraron na súa casa logo de que fose ferido na Guerra Civil. Antes estudiara Filosofía e Letras en Santiago e, máis tarde en Zamora, a onde solicitara o cambio de matrícula por mor da súa militancia galeguista.
Pero a etapa máis decisiva na vida do Xocas foi a nenez. Cun pai, escritor e caricaturista, dedicado integramente ao coidado dos seus fillos foi aprendendo a importancia dos restos como índices dunha forma de vida. E así foi como Xocas se iniciou na investigación do folclore e da etnografía de Galicia, un feito que o converteu en todo un especialista.
A súa cultura material
Das súas inquietudes persoais foi facendo unha forma de vida. Polo seu interese pola etnografía e a súa amizade con Pedrayo ou Risco entrou no grupo Nós. Precisamente da man de Cuevillas fixo un estudio sobre o carro que lle valeu o ingreso no Seminario de Estudos Galegos. Precisamente, foi un dos fundadores da montaxe do Museo Etnográfico, que foi unha peza clave dentro da estructura da Institución que desapareceu tralo golpe de Estado do xeneral Franco.
A medio camiño entre intereses persoais e profesionais comezou o seu labor de escavación en castros e outros lugares, catalogando, estudiando igrexas, mámoas, castros, desde as múltiples frontes nas que traballaba como Nós, a Comisión de Monumentos de Ourense e o grupo Marcelo Macías. E de todo estre traballo recolleu a información para o que constituíu o segundo volume da Historia de Galicia que desde Bos Aires dirixía Otero Pedrayo nos anos 60. Era o volume Etnografía. Cultura material. Un traballo que complementaba con gráficos elaborados por el, e polas melodías que foi recollendo acompañado polo seu irmán Xurxo.
De todas as recuperacións destaca a dos castros de Cameixa, en Boborás porque foi un dos depósitos que sentaron achados importantes sobre a cultura castrexa do noroeste peninsular. E neste camiño está tamén o castro de Lobeira que lle serviu para contactar co profesor Fritz Krüger que daría pé ao libro O léxico rural do noroeste ibérico, no que se fai mención dos utensilios para os traballos de labranza, xa non só como unha catalogación senón tamén cunha comparación cos portugueses, leoneses, asturianos ou doutros lugares de Galicia. Pero sobre todo destaca o súa exploración no Castromao (en Celanova) que comezou en 1968, e que asumiría en solitario a partir de 1980.
E mentres tanto compaxinaba o seu traballo de docente tanto no Colexio Cardenal Cisneros (do que chegou a ser director antes do seu pasamento), coa aparición en diferentes publicacións periódicas xa non só galegas, senón tamén brasileiras.
E toda unha vida dedicada ao traballo e á recolección fixo que pertencese á maior parte de institucións culturais galegas. Era membro numerario da Real Academia Galega, na que entrou ofrecendo un discurso sobre A casa galega ao que lle contestou o seu amigo Otero Pedrayo; foi presidente e un dos máximos impulsores do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia da Historia e da de Bellas Artes de San Fernando; da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, patrón do Museo del Pueblo Español de Madrid e correspondente da Associação dos Arqueólogos Portugueses. E paralelamente ao seu ingreso nas institucións culturais do pais foi recibindo premios e accésits que ían recollendo o seu traballo. A medalla de Ouro de Galicia, o premio Trasalba, impónselle a insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, a Encomenda de Alfonso X o Sabio, o título de Colexiado distinguido outorgado polo "Consejo Nacional de Colegios Oficiales de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias"e o Premio "Otero Pedrayo", entre outras distincións.
Os outros candidatos
Na orde do día desta fin de semana figuraban entre os posibles homenaxeados, ademais de Xaquín Lorenzo, Plácido Castro e Lorenzo Varela, que eran as candidaturas que os académicos consideraran óptimas para presentar á elección. Pero había máis nomes na lista. Florencio Delgado Gurriarán, Manuel Lugrís Freire ou Álvarez Blázquez eran algúns dos que xa soaran, fóra das instancias académicas. A RAG, concretamente o seu membro Isaac Díaz Pardo, falara do escrito remitido por catro asociacións da Ulloa no que daban conta dos seu méritos, da súa importancia social e cultural no exilio, así como de ser traductor de Baudelaire e autor de Lonxe, ademais de fundador das Mocidades Galegas e de compartir exilio en Bos Aires como Arturo Cuadrado e Luís Seoane. Pola súa banda Plácido Castro tiña entre os seus méritos ser locutor dun programa en español na BBC no que lía textos en galego e portugués, ademais de facer crítica teatral en inglés.