A Xunta declara o 2005 ano Lorenzo Varela

Ano LV

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Foi poeta e xornalista, desenvolveu a maior parte do seu traballo na diáspora posterior á Guerra Civil. Son algunhas das características definitorias de Lorenzo Varela, personalidade a quen se lle dedicará este ano o Día das Letras Galegas. Pero non só será o 17 de maio, senón tamén todo o 2005, tal e como se desprende dun decreto que vén de aprobar a Xunta de Galicia no Consello do día 7. Deste xeito, institucións públicas, centros de ensino, bibliotecas, asociacións e federacións culturais dedicarán parte da súa actividade a destacar a obra deste intelectual.

Máis información no web da Xunta (en .pdf) e sobre Lorenzo Varela neste tema

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Diáspora, Bibliotecas, Día das Letras Galegas...