A corporación de Monterroso abre o ano das homenaxes ao poeta Lorenzo Varela

Lorenzo Varela por partida dupla

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A corporación municipal de Monterroso aprobou este xoves por unanimidade dúas propostas da alcaldía referentes ao intelectual monterrosino Lorenzo Varela, homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Por estes acordos a biblioteca pública da localidade levará o nome do poeta e presentarase ao Concello de Lugo unha solicitude para que este dedique unha rúa ou praza a Lorenzo Varela. O concello de Monterroso presentará o día 3 de febreiro a súa comisión encargada do programa de actividades para este ano dedicado a Lorenzo Varela e tamén fará pública unha edición facsimilar do libro “Catro poemas para catro gravados”(Boas Aires, 1944) do homenaxeado.

Máis información de Lorenzo Varela na BVG

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterroso, DUPLA, Día das Letras Galegas, Concello de Lugo

Claves

Lugares