A comisión de homenaxe a Lorenzo Varela de Monterroso anunciou un congreso sobre o escritor

Monterroso con Lorenzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Alén dos anunciados homenaxes en forma de reedición dun facsímile e da dedicación dunha rúa lucense ao poeta, a comisión formada no concello de Monterroso, de onde era Lorenzo Varela, anunciou outras accións. Un congreso estudará a súa obra e persoa en Monterroso en abril, e en Lugo haberá un ciclo de debates no vindeiro mes de marzo baixo o título “Catro figuras do exilio galego”, onde se falará de Varela, Dieste, Seoane e Castelao. Outra iniciativa curiosa terá como soporte as bolsas dos supermercados Gadis, que incluirán un poema titulado “Lugo” de Lorenzo Varela.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterroso, Lugo, Castelao, Gadis...

Claves

Protagonistas
Lugares