Galicia ferve de novidades teatrais. O Teatro Galán e a Sala Nasa presentan as súas programacións para a fin de temada. OllomoltranvÃa chega cun novo espectáculo e reanúdanse o Xoves Teatrais do Concello de Ferrol. Unha ampla oferta para todos os gustos.
As alternativas
As salas alternativas NASA e Galán de Compostela presentaron onte a súa programación para a fin de tempada. Ademais dos espectáculos previstos ata a fin de abril, coma a representación de "Se chovesse, vocés estragavam-se todos" da compañÃa portuguesa Trigo Limpo que comeza mañá. Para maio están previstas as representacións comprendidas no Festival de Teatro Universitario e diferentes espectáculos musicais. O vindeiro dÃa 25 a NASA estreará a súa web na que se poderá consultar a programación completa. Pola súa banda, a Sala Galán presenta hoxe o espectáculo "Sólo para Paquita" de Teatro do Alántico. Para maio a compañÃa residente, Sarabela Teatro, voltará representar o seu último espectáculo "The Queen is Dead" entre o dez e o dezanove de maio.
OllomoltranvÃa
"PolicÃa" é o tÃtulo do último espectáculo de OllomoltranvÃa que se presenta mañá en Vigo. Unha obra ambientada nun paÃs ideal no que todo vai ben ata que o único rebelde do paÃs deixa de selo e a policÃa xa non ten a quen reprimir. A obra está dirixida por Cándido Pazó e conta coa interpretación de Santi Prego, Avleino González, Carlos Sante e Jose GarcÃa, e poderá verse mañá e o sábado ás dez e media da noite no Centro Cultural Caixanova da Cidade OlÃvica.
Xoves teatrais
Despois da Semana Santa volta a Ferrol o ciclo Xoves Teatrais coa obra "A longa agonÃa das centolas", comedia de Ovidio Blanco adaptada por Iolanda Orgando. A obra cóntanos a historia dunha viúva recente que entra en contacto co cÃrculo de traficantes de droga cos que se relacionaba o seu marido en segredo. A obra, protagonizada por Dorotea Bárcena, poderá verse esta mesma noite no Centro Torrente Ballester.