Co fin das vacacións ponse en marcha a nova temporada teatral. Deste xeito, son varias as salas que estes dÃas están a anunciar a súa programación para os vindeiros venses. Deste xeito, o Teatro Principal de Ourense xa adiantou que ata decembro poderán verse catro estreas teatrais, entre elas “O heroe” de Sarabela Teatro ou “La duda” con Amparo Rivelles. O local tamén acollerá, entre o 26 e o 29 de decembro a Mostra de Teatro Infantil. Pola súa banda, a Sala Galán iniciará o vindeiro 12 de outubro a temporada cunha actuación da bailarina Ana Eulate. “Embalaxes” da compañÃa Mala Lúa, “N8 0HX” de Pisando Ovos e “Diálogos” de Cambaleo Teatro son outras das propostas que se fan na sala compostelá este outono. Tamén desde Compostela a Sala Yago facÃa pública onte a súa programación, que inclúe, entre outras, un incremento na oferta de obras de monicreques para adultos e catro obras de produción propia, “Merda”, “La naturaleza del animal”, “O soñador” e “Cucho, Coco e o dilema do 6”, as dúas últimas para tÃteres. Como é habitual a sala acollerá tamén unha nova edición do festival Galicreques.
Máis información en La Voz de Galicia sobre o Teatro Principal de Ourense; sobre as estreas da Galán e no web da Sala Yago