Ana Eulate abre a última programación do ano da Sala Galán explorando as posibilidades do silenzo

Cousas da Sala

14/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha vez máis, a Sala Galán presenta a súa programación advertindo que pode ser a última. A expresión do silenzo en “Downfall II” da coreógrafa e bailarina Ana Eulate acaba de abrir a programación para este último trimestre. Despois, segundo os seus directores, Ana Vallés e Baltasar Patiño, é posible que o teatro peche aínda que “a intención non é acabar, pero xa non depende de nós”. Os responsables da Galán están pendentes de sendas entrevistas co director xeral de Creación e Promoción Cultural, Luís Bará, e co concelleiro compostelano, Néstor Rego.

Máis información en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e sobre a Sala Galán na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Galán, Baltasar Patiño, Luís Bará, Ana Vallés...