A sala Galán pechará o sábado as súas portas definitivamente

Agora si

15/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Non lles facemos ningún favor ás artes escénicas e aos creadores ao manter esa situación de precariedade crónica que padece a creación escénica en todo o Estado”. Con estas palabras o Teatro Galán pon fin a doce anos de historia. Abriu un 17 e este sábado, tamén 17, organiza unha “festa peche” na que estará Luís Soto Ramón Llatser e Hugo Portas. A insuficiencia orzamentaria para financiar a programación foi a causa directa desta morte que xa se anunciara en múltiples ocasións.

Máis información no web da Sala Galán e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Galán, Teatro, Luís Soto, Morte...