As salas Yago e Galán inauguraron esta fin de semana a programación do último trimestre do ano

A programación independente

Coa estrea da obra de teatro dirixida por Eduardo Alonso “Confesión” comezou a andar a programación da Sala Yago en Compostela para os últimos meses do ano. Unha programación que seguirá na liña de teatro de autor contemporáneo, aínda que como aclarou Luma Gómez na presentación “sempre se pode facer algunha excepción” e de programación estable de monicreques para nenos e para adultos. Iso si, incrementarán o número de actuacións, aínda que non o de axudas, segundo apuntou Eduardo Alonso, que facendo contas apuntou que Consellería de Cultura lles concedeu este ano a metade do que lle deu no exercicio anterior. Esta fin de semana tamén comezou a andar a programación da Sala Nasa sendo fieis aos seus principios: teatro alternativo e a danza.

Máis información nos webs da Sala Yago e da Sala Galán