O foro de Sada debatirá na Yago propostas para a programación teatral

As ideas... habelas, hainas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Sala Yago acolle este sábado unha nova xuntanza do coñecido como “Foro Teatral de Sada”, un grupo integrado por nomes tan coñecidos como Eduardo Alonso, Luma Gómez ou Morris. O cometido desta reunión, á que asistirán representantes do IGAEM e de UNIMA, e da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, é debater un texto titulado “A programación teatral: unha nova proposta” que lle enviaron ao IGAEM hai un ano. Nese documento fan constar a necesidade de redefinir as redes A, B e C, ademais de propor a creación da Rede V (rede de verán) para cubrir o baleiro da temporada estival.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Sala Yago

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sada, IGAEM, Luma Gómez, Morris...

Claves

Lugares