"Policías" e "After Sun" últimas representacións teatrais

Xoves.... de teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ollomoltranvía é o encargado da posta en escea de hoxe dentro do ciclo "Xoves teatrais" en Ferrol. E faino con "Policía", unha representación sobre os interrogatorios a un grupo oporto ó réxime. E en Santiago, "A Carnicería Teatro" recupera o mito de "Faetón" na súa última montaxe "After Sun".

Policías no Ferrol

Baixo o título de "Policias", Ollomoltranvía presenta a representación dunha comedia do autor polaco Slawomir Mrozeck. Unha obra na que se conta a historia dun país no que o único grupo oposto ó réxime acaba por acatar as súas normas logo dun durísimo interrogatorio. Unha obra que Ollomoltranvía levará por Asturias, Euskadi, Huesca e Oporto.

Faetón no After Sun

A última obra da compañía "A Carnicería Teatro", "After Sun" presenta esta noite na Nasa o festival Alternativa 2001. Unha obra que se inspira no mito de Faetón no que un home ambiciona máis da conta. E este feito serve de base para que "A Carnicería" ofreza unha peza teatral con referencias políticas, nun traballo moi ecláctico que mestura textos con músicas variadas, accións e imaxes. E todo nunha atmosfera de violencia que o grupo considera inherente á propia ficción teatral.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Comedia, NASA, Euskadi...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares