Vigo, Lugo e Ferrol acollen o relevo nas estreas de espectáculos teatrais

Arriba o pano

Logo de que onte falaramos das estreas das principais agrupacións teatrais, hoxe temos unha nova entrega teatral. Son os diferentes eventos de menor producción que tamén ocupan un espacio nas programacións culturais das súas cidades. Comezamos, seguindo orde de aparición, con Ferrol, onde hoxe a compañía Nove-Dous representa "Rexurdimento". Un evento que se inclúe dentro dos "Xoves teatrais" que organiza a Concellería de Ferrol. E de ahí a Lugo, onde comeza a final do Certame Galego de Teatro que se inicia hoxe no Auditorio co grupo Paparata Teatro. E por último, imos ata Vigo, onde o a agrupación teatral Luna organiza un cásting de autores para a súa vindeira obra. Máis teatro.

Ferrol teatreiro


Ás oito e media da noite, todos os ferrolanos teñen unha cita co teato no Centro Torrente Ballester. É unha nova entrega dos xoves teatrais que desde hai un tempo organiza a Concellería de Cultura.
A función desta noite leva por título "Rexurdimento. Coplas de cego", que chega da man da compañía de teatro profesional "Nove-dous". Unha obra que pretende achegar ata a faceta interpretativa a persoeiros que forman parte da tradición; son os romanceiros, que gañan a vida co relato de sucesos e de truculencias.
O grupo de treatro está formado por un grupo de catro actores que darán vida ó cego Saturio e ó seu axudante Cirilio, que contarán truculentas historias sacadas da tradición oral.

Lugo de certame


Desde hoxe, o Auditorio Gustavo Freire de Lugo acollerá a final do XII Certame Galego de Teatro. Un evento que organiza a Consellería de Muller, Familia, Xuventude e que chega a esta última fase con cinco compañías.
As representacións levaranse a cabo en diferentes días e sesións ata o vindeiro día 31, no que ás sete e media da tarde se fará entrega do premios e de diplomas. Un día no que, ademais, se representará a obra galardoada.
As representacións comezan hoxe ás oito e media da man de Paparata Teatro da asociación cultural A Bufarda de A Coruña con "Novecento".
Unha sesión á que lle seguirá mañá unha representación doble. Por unha banda o grupo de teatro Tranghallada do IES Val Miñor de Nigrán, que adaptará a obra "As vodas de fígaro". Dúas horas máis tarde, ás 8, fará o propio o grupo de teatro Sardiña do IES da Coruña, que escenificará "O sorteo de Cásina".
Logo as escenificacións suspéndense ata o vindeiro día 26 co grupo "Lohengrin Teatro" de Vigo amosará a súa "A batea perdida". Pecha o ciclo o 29, ás oito da tarde, o grupo coruñés Hac Luce, con "O Campo".

e Vigo de casting

Desde hai dous anos, un grup de afeccionados ó teatro decidiron cubrir o oco teatral existente dentro da Universidade de Vigo. Un fenómeno que deu lugar á creación de "Lúa", o grup de tratro da Universidade que cada ano consegue poñer en escea obras creadas por eles mesmos e algunha interpretación libre. Agora, desde o propio grupo decidiron poñer en marcha unha ampliación do plantes que compoñen o grupo. E por iso decidiron facer un casting que seleccionará entre 12 e 17 noves actores e actrices. Unhas probas que están abertas a todas as titulacións e que constarán na lectura de varios textos e en exercicios de improvisación.