A compañía aragonesa "Ciudad Interior" abre hoxe a temporada do Teatro Galán

De teatro

O teatro Galán inaugura hoxe a súa temporada teatral. E faino cunha obra de Heiner Müller, "Esquela de defunción" a cargo da compañía teatral "Ciudad Interrior". E mentres en Compostela a Galán inaugura a temporada no resto de Galicia séguense sucedento as representacións: "La Compañia Nacional de Teatro" estará en Vigo esta fin de semana, "Avento" encandilou onte ó público pontevedrés con "O Porco" e "Ados Teatroa" encheu o Teatro Principal de Ourense con "Manolito Gafotas". Ábrese o pano.

Galán 2001



"Esquela de defunción", que se representa hoxe a partires das dez da noite no Teatro Galán, é unha peza que recolle tódalas características do escritor alemán, que o fixeron moi recoñecido e o autor máis levado a escea en Europa. Así é un pequeno texto (xa que Müller comprime os textos á mínima palabra pero sacando a máxima expresión) e con retazos autobiográficos. Deste xeito aparecen reflectidos a segunda guerra mundial (momento histórico que el viveu en carnes propias) e a ruina posterior con todas as súas consecuencias, o suicidio da súa muller así como a división nas dúas Alemañas (RDA RFA). Uns feitos que en "Esquela de defunción" se amosa a través dun monólogo do protagonista, ademais de lecturas intercaladas de "Manifesto" e "Os cantos de Maldoror" de Lautréamont.


Pases na fin de semana



A fin de semana presenta novas funcións e estreas de diferentes actos. En primeiro lugar "Ados Teatroa" pretende cumplir esta noite o éxito acadado onte na representación de "Manolito Gafotas". O personaxe, creado na literatura por Elvira Lindo, goza na súa posta en escena con seis actores que representan a quince personaxes. A obra chega a Ourense logo se estrenar en Vitoria (lugar de orixe da compañía) en novembro do 99 de triunfar por toda España. Mentres, en Vigo, a "Compañía nacional de Teatro" presenta "La dama duende", unha das comedias máis escenificadas de Calderón de la Barca. Unha obra que conta coa presencia de Enrique Simón e Lola Baldrich baixo a dirección de Alonso de Santos. Unha obra que se poderá ver hoxe ás dez e media e mañá as oito e media, con un prezo que oscila entre as 900 e as 1500 pesetas. Pola súa parte, o grupo "Avento" inaugurou onte a temporada teatral en Pontevedra, coa obra "O porco", unha representación que tamén se poderá ver hoxe ás oito e media no Pazo de Congresos de Pontevedra.