A mostra multimedia "Mondophrenetic" pecha a programación do CGAC

O mundo está tolo

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) pecha a súa programación do ano 2000 coa exposición multimedia "Mondophrenetic" que se inaugurou onte. Os artistas belgas Hermann Asselberghs, Els Opsomer e Rony Vissers crearon este proxecto que pretende amosar o desconcerto do cotián.

O bloque de pisos universal


Os bloques de pisos constitúense no centro da mostra, coma paradigma da globalización. Máis de trescentas fotografías destas edificacións tomadas por todo o mundo mostran as semellanzas e a unifomización dos elementos máis cotiáns. Unha montaxe interactiva realizada con ordenador vai amosando as fotos nunha secuencia con sons que o espectador pode modificar mediante o teclado, dando lugar a novas combinacións impredecibles.




Inspiración



Segundo os seus creadores, a experiencia baséase na película de Jean Luc Goddard "Dúas ou tres cousas que sei sobre ela", rodada en 1987 e ambientada nun barrio periférico de París. Desde esa ambientación, e mediante as fotografías crearon unha estructura con presentación, nó e desenlace, pero cunha orde variable.




Programación 2001


A programación do próximo ano arrincará en xaneiro cunha retrospectiva do artista alemán Stephan Balkenhol, á que seguirá "Garaxe" mostra sobre a cultura do automóbil na pintura que actualmente se expón en Madrid. Mostras de Vari Caramés, Pamén e Pereira e Manine Hugonier encherán o centro durante o inverno e a primavera próximos.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Vari Caramés, Madrid

Claves

Protagonistas
Lugares