O Centro Galego de Arte Contemporánea fai un adianto da súa programación

CGAC 2002

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Salvador Cidrás, Ernesto Neto e Marine Hugonnier son algúns nomes que pasarán polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) durante o que queda de ano. O Centro abre o ano 2002 cunha exposición antolóxica do británico Gormley, que será a estrela da vindeira temporada.

Os últimos tres meses

A programaciòn para o último trimestre do ano comeza o vindeiro día nove de outubro cunha exposición de Ernesto Neto, artista brasileiro que representa o seu país na Bienal de Venecia. En Compostela realizará unha intervención de "corpos abstractos" na que diferentes espacios énchense de teas de licra formando corpos. Só tres días despois, o doce, o galego Salvador Cidrás realizará a súa primeira mostra individual no centro, antes de contiinuar cara o centro Reina Sofía de Madrid coas súas representacións de obxectos fóra de contexto. A última exposición do ano será a da francesa Marine Hugonnier, que inclúe videos, debuxos e representacións escultóricas. A súa videoinstalación "Impact.21.05.99, 11:02 tamén estará presente na mostra "Últimas adquisicións". Esta exposición, que se abrirá o vindeiro catorce de setembro, amosa as obras que o CGAC e a Fundación Arco adquiriron na última feira "Arco´01".



O comezo do 2002

Para voindeiro ano o CGAC acollerá unha ampla retrospectiva do artista británico Anthony Gormley. A que se prevé que sexa a mostra estrela do vindeiro ano prentende ser unha radiografia do corpo como algo máis que unha estructura física. Gormley, achegado ás correntes do ioga e da meditación, acadou en 1994 o premio Turner pola súa obra. Está será a súa primeira retrospectiva no Estado Español. Tamén para o vindeiro ano, e aínda sen data fixa, o Centro acollerá obras de dous novos artistas galegos, Elena Fabeiro e Xoan Anleo e Mónica Alonso.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O silencio natural

O silencio natural

O CGAC pecha o ano expositivo cunha antolóxica do creador Fernado Casás

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Salvador Cidrás, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Mónica Alonso, Feira...