Coa obra de Marine Hugonnier o CGAC pecha o ciclo adicado ós novos valores

Mira..... e pensa

Primeiro chegou o vigués Salvador Cidrás , logo o brasileiro Ernesto Neto, e agora faino a francesa Marine Hugonnier. O Centro Galego de Arte Contemporáneo pecha o trimestre do 2001 con novos valores. A última entrega desta serie chegou da man da francesa Marine Hugonnier (Paris, 1969) que se centra en catro piares claves: mirada, tempo, realidade e memoria. E para entender estas obras e, en xeral toda a arte contemporánea, está a mostra didáctica e o ciclo de conferencias "Dez conceptos para entender a arte contemporánea" que a Fundación Laxeiro organiza en Vigo desde o vindeiro día 9.

Con Marine Hugonnier facemos tres




A obra da parisina Marine Hugonnier chegou onte ó Centro Galego de Arte Contemporánea, onde permanecerá ata o vindeiro día 20 de xaneiro. Unha mostra comisariada por Fernández Cid, e que pretende trasladar unha forma imaxinativa de pensar e de comprender os obxectos cotiás.

A mostra está composta por cinco proxeccións de vídeo que amosan diferentes situacións que poderían sucederse na vida cotiá. Dentro destas mostras destcan "Diamond", que recolle vista dun faro desde lonxe; "Shi cicle", que se centra na mirada dun rapaz; ou "Impact" que grava un accidente de tráfico con imaxes e son estructurados en diferentes partes.

Unha mostra que pretende facer pensar o seu público a través de imaxes, co interese de facer pensar a toda a xente.
Con esta mostra, o CGAC pecha o último trimestre expositivo deste ano recollendo unha visión triple sobre tres formas expositivas diferentes. Tres novos valores surxidos en situacións xeográficas diferentes e con concepcións artísticas diferentes.











E para comprendela....unha mostra e unhas xornadas

A Fundación Laxeiro ten previsto desfacer moitos tópicos sobre a arte contemporánea. E para isto organizou unha mostra e un ciclo de conferencias co cometido de achegar a arte contemporánea e as súas claves de comprensión para os máis novos.

A exposición comezará o vindeiro nove de novembro e está titulada "Isto faino calquera. Claves para comprender a arte contemporánea". Unha mostra que segue os principios divulgativos e os memos criterios que as museos das Ciencias. E durante esta exposición farase un percorrido polas formas de creación da arte do século XX de xeito comprensible e aseguible a todo o mundo.

Polo demais, a mostra complétase cun ciclo de conferencias que se desenvolverá do 12 ó 16 de novembro e que leva por título "Dez conceptos para entender a arte contemporánea". Unreforo que profundizará na intención divultativa da mostra e que contará con numerosos reclamos. Son os directores de museos, fundacións, profesores e expertos na materia que axudarán a comprender as múltiples manifestacións artísticas.
Algúns dos que teñen confirmada a súa presencia son "Tomás Llorense, director do Museo Thyssen Bornemisza, os profesores Antón Castro, Ruiz de Samaniego, o director da Fundación Luís Seoane, González Alegre e os críticos de arte David Pérez e Agustín Rubio.