
A mostra elixida polo director do CGAC para pechar o seu ano expositivo implicar traer á primeira fila a figura de Fernando Casás. Nun traballo de recuperación e de busca de material, o comisario da mostra, o propio Von Hafe destacou na rolda de prensa de presentación que se trata “dunha obra marcada por xestos mÃnimos, nos que o paso do tempo e unha dimensión filosófica”. De feito, para o comisario desta exposición, “a estética no discurso de Fernando Casás é un posicionamento ético”.
Hai en toda a obra que se pode ver no CGAC un traballo documental, de precisión que define unha forma de mirar a natureza, “cunha perfección na que hai dúas ideas recorrentes” expón Miguel von Hafe: “dunha banda a reflexión sobre os feitos (e unha reinterpretación) e o segundo é a incógnita de futuro e de carácter especulativo”.
O agora xa foi e o denantes será


