A historia da arte contemporánea galega revisada no CGAC

A exposición 'Modelo x armar' presenta obras seleccionadas da colección permanente

O Centro Galego de Arte Contemporánea tira dos fondos propios que ven adquirindo ao longo da súa historia desde que en 1995 comezou a adquisición de obras para a súa coleccións permanente para facer un percorrido histórico da arte feita en Galicia desde a década dos 50. Desta colección formada por máis 1.200 pezas de artistas de todo o mundo selecciona o comisario Santiago Olmo pezas da arte galega e outras do eido internacional de trinta artistas para establecer diálogos na exposición Modelo x armar que estará no Centro desde onte ata o 25 de febreiro de 2018.

A colección do CGAC serve nesta proposta como unha ferramenta indispensable para construír historia e, especificamente, unha historia contemporánea de Galicia. A mostra propón e contrapón tentativamente varios modelos de enfoque narrativo e histórico, entre a colisión e o diálogo, en forma dunha aproximación crítica. A exposición coincide e acompaña, ao seminario Novas Narrativas na Historia de Arte Contemporánea, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrará no CGAC entre o 24 e o 25 de novembro 2017. Nel abordaranse distintas maneiras de enfocar a historia.
Ligazóns