O CGAC revisará no 2009 a creación cultural dos anos setenta

O centro levará a México os traballos audiovisuais de María Ruido

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os anos setenta destacaron en Galicia por un gran dinamismo social marcado, non só polo cambio político, senón tamén polo retorno dos axentes culturais da emigración e os movimentos económicos. Todo isto, no contexto europeo no que a cultura popular se mesturaba coa alta cultura, é o que pretende revisar o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) na exposición Galicia anos 70 (27 de xaneiro-3 de maio). A mostra abre o abano de actividades no que segue fiel ás súas liñas de traballo: amosar a presenza de temas e artistas do país coa creación estranxeira. Isto únese ao xa anunciado, a exposición de María Ruído en México (tamén estará no CGAC), coa que abriu a liña para exhibir fóra a creación galega contemporánea.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con México, María Ruido, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Claves

Protagonistas
Lugares