A Dirección Xeral de Xuventude presenta un plan para galeguizar a mocidade cun trivial e voluntarios lingüísticos entre outras propostas

Galego para mozos

O número de mozos e de mozas que non empregan nunca o noso idioma incrementouse nos últimos anos. Esta dato deu para que a Dirección Xeral de Xuventude anunciase un plan destinado á mocidade "máis desgaleguizada da historia". Entre outras propostas, este departamento anunciou medidas coma certames de literatura, poesía ou graffitis, apoio económico a actividades de normalización que realicen as asociacións ou a organización de cursos de galeguización para monitores e directores de tempo libre. Ademais, apuntou que se creará a figura do voluntariado lingüístico para lle ensinar o idioma a mozos de fóra que viven en Galicia e que se vai editar un trivial no noso idioma. Tamén se prevé a edición no noso idioma de versións en banda deseñada de obras literarias galegas.

Máis información no web da Xunta e en Galicia Hoxe