Laracha, Lugo e Redondela premiadas polo Colexio Oficial de Arquitectos

Arquitectura de premio

O Colexio Oficial de Arquitectura fixo público os seus premios. Vinte áccesits que galardoan as mellores obras da arquitectura galega do último bienio e que nesta edición o xurado destacou a calidade a a xuventude dos equipos premiados.


Premios





Os catro premios principais, ós que se lle fará entrega dunha estatuíña, distribúense en tres seccións básicas: nova planta, rehabilitación, decoración e interiorismo. A pisicina cuberta de Laracha, en A Coruña, encargada pola deputación e realizada por Carlos Quintáns, Antonio Raya e Cristóbal Crespo foron os premiados pola nova planta. Un apartado polo que tamén foron premiados Covadonga Carrasco, Xoan Creus, Manuel Cora e Carlos Liñares polo seu deseño da rúa Lamas de Prado en Lugo. A rehabilitación do albergue de pereguinos e o museo de Redondela valeulle a Antonio Amado o premio de rehabilitación. E a instalación da V Bienal de Arquitectura Española que se celebrou en Vigo outorgoulles a Jesús Irisarri e Guadalupe Piñeira os premios de Decoración e Interiorismo.













Mencións especiais



Xunto cos catro equipos galardoados, tamén se outorgaron dezaseis mencións especiais, entre os que destacan unha vivenda unifamiliar en Orro, Arteixo, A casa Garrido, en Oleiros, o centro de saúde de Cariño, por Antonio Amado Lorenzo e unha vivenda unifamiliar de Bertamiráns, obra de Pedro de Llano.