Unha arquitectura festiva

Seis proxectos galegos entre os premiados e finalistas

Concello de Lalín. Emilio Tuñón Álvarez y Luis Moreno García-Mansilla
Concello de Lalín. Emilio Tuñón Álvarez y Luis Moreno García-Mansilla
A crise está afectando moito á arquitectura pero aínda así hai oco para as propostas de calidade. Neste 2013 Galicia foi unha das comunidades autónomas con máis proxectos premiados polo Ministerio de Cultura e os arquitectos. Repasamos as obras galegas gañadoras e finalistas na Bienal de Arquitectura e Urbanismo, marcadas pola memoria e o patrimonio natural e cultural.

A Bienal de Arquitectura e Urbanismo convócase para premiar, cada dous anos, "un conxunto de obras de alta calidade que poidan representar o mellor e diverso panorama da arquitectura e o urbanismo en españa dos anos que comprende a convocatoria". A Bienal 2013 premiou quince obras, e vintesete proxectos ficaron finalistas. Seis do total, unha cifra moi alta, foron galegos, e ofrecen unha interesante perspectiva sobre a arquitectura contemporánea galega, as súas prioridades e a súa herdanza. Imos repasalos.

Obras galegas premiadas

1. Concello de Lalín



Arquitectos: Emilio Tuñón Álvarez y Luis Moreno García-Mansilla

"O Concello de Lalín oscila entre precisión e probabilidad, construíndo unha ESTRUTURA ANTIMONUMENTAL na que, como nas nubes, pódense adivinar as formas cambiantas das referencias persoais, producíndose a identificación colectiva pola diversidade da interpretación individual: un castro tecnolóxico"

2. Plan de Ordenación do Litoral de Galicia



Redactores: Manuel Borobio Sanchiz e Miriam García García (Dirección Xeral de Sostibilidade e paisaxe)

"Este documento representa un instrumento indispensable para a constitución dun marco normativo estable de protección do litoral de Galicia, que permite avanzar cara unha sociedade máis xusta e competitiva pero tamén máis comprometida coa sustentabilidade e a paisaxe no marco dun novo modelo territorial propio, dinámico e innovador".

3. Recuperación do Casco Vello de Vigo



Autor: Consorcio Casco Vello de Vigo

"O casco vello, peza emblemática da cidade de Vigo, xurdida da relación co mar desde que os romanos instaláronse nel e comerciaron a través do seu porto. Un "locus", de rotundidade topográfica que culmina no promontorio de San Sebasti9án". O desenvolvemento da cidade ao longo do século XX vai parello á agonía económica e demográfica do Casco Vello, facéndose máis visible a situación de marxinalidade e degradación na parte alta do barrio histórico. O Consorcio Casco Vello, creado en 2005, xurde co obxectivo de servir de motor dun proceso de rehabilitación integral, arquitectónico, urbanístico, económico e social".

4. Museo das Peregrinacións e da Cidade de Santiago de Compostela



Arquitecto: Manuel Gallego Jorreto

"O edificio non é indiferente á súa proximidade á Catedral. O percorrido expositivo é tamén un camiño cara a visión de Santiago e da Catedral. Trátase dunha actuación con orzamento limitado, que aproveita o existente e é ademáis respectuoso co contorno. O edificio cambia radicalmente, non só en uso e organización senón no seu espazo e na súa experiencia. Pénsase na intensidade como condición previa e necesaria da arquitectura."

Obras galegas finalistas

5. Cinta guía – percorrido sensorial. Xardín Histórico de Castrelos. Vigo



Arquitectos: BMJ arquitectos (Belinda Besada Vergara, Marister Failde Ferreiro)


6. Proxecto de recuperación ambiental e posta en valor do contorno da Fortaleza e Praia Fluvial de Goián (Tomiño)



Arquitectos: Pablo Gallego