A Estrada organiza un ano de homenaxes á figura dos "Xenerais" de todo o Val do Ulla

O ano dos xenerais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A tradición dos "Xenerais" que cada Entroido se desafían nas poboación do Val do Ulla contará este ano cun especial apoio institucional. O concello da Estrada prepara o primeiro encontro comarcal de figuras deste tipo, e agarda reunir representantes de todos os lugares que conservan este costume. Será para o vindeiro outono cando se produza este masivo desafío dentro do Ano Cultural dos Xenerais que organiza o concello. Ademais, prepáranse mostras de traxes, conferencias e unha publicación que recolle as coplas propias deste personaxes.

Máis información en La Voz de Galicia, na edición de hoxe de Diario de Pontevedra e no noso tema

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulla, Entroido, Concello da Estrada, Diario de Pontevedra...