Toda Galicia prepara os seus disfraces para as festas do Entroido

Preparando na máscara

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Meco en Vigo e Santiago, o Momo en Ferrol, o Ravachol en Pontevedra.. sexas de onde sexas este fin de semana estarás de Entroido. Coa lectura dos pregóns (Mela Casal, Celso Bugallo, Gloria Ferreiro son algúns dos encargados) darase entrada na festa máis divertida do ano. Pero hai citas que non debemos perder. A primeira é o Encontro dos Xenerais, que terá unha parada en Vea e outra en A Estrada. O domingo é o día dos cigarróns de Verín (o desfile comeza ás 12:00 horas) e dos peliqueiros de Laza (tamén ás 12: 00 horas), aínda que nesta última localidade o día grande é o luns coa farrapada e coa baixada da morena. Co carnaval de Xinzo o martes (a partir das 17:00 horas) complétase o triángulo do Entroido máis tradicional.

Coñece as localidades da xolda no noso tema e máis información nesta web

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Culturagalega, Ferrol, Laza...

Claves

Entidades
Conceptos