O popular “Enterro da sardiña” pecha as celebración dos Entroido en toda Galicia

O Entroido está que arde

O Entroido chega ao seu fin. Para celebralo, as localidades de toda Galicia preparan esta noite a festa de despedida. Nuns lugares chámase “Enterro da Sardiña”, noutros enterran ao “Toribiño”, ao “Felipe”, ao “Meco” ou ao “Momo”. O mais cedo será o de Mugardos (ás 17:00 horas na praza do Concello), seguido do de Noia, onde os actos terán lugar a partir das 20:00 horas desde a rúa do Curro e en Outes a partir das 19:00 horas na Praza de Galicia. En Santiago o desfile terá lugar a partir das 21:00 horas da praza do Toural e en Coruña a queima do Momo será a partir das 20:00 horas na rúa Areal. En Pontevedra o pazo da cultura acollerá o concurso de murgas ás 21:00 horas, á mesma hora que se queimará o Meco de Vigo, previo velorio e desfile ata a Praza de América, onde se rezarán os responsos e se lerá o testamento.

Máis información no especial de Entroido de El Correo Gallego, e nos sitios webs dos concellos de Ourense , Vigo, Santiago, A Coruña