Malia a que as festas de Entroido non comezan oficialmente ata os vindeiros 15 e 16 de febreiro, en Xinzo da Limia arrincou onte as celebracións previas. O Domingo Fareleiro, no que os participantes se cubriron de fariña nas rúas da vila, conseguiu unha grande afluencia. A festa continuará a vindeira semana co Domingo Oleiro, que noutras localidades se coñece como Corredoiro. Os xoves de Compadres e Comadres completan o calendario de anticipos da semana grande do Entroido en moitas localidades do noso paÃs.