Créase unha fundación para axilizar as obras do Museo do Entroido de Xinzo

Fundación de entroido

A idea xestouse en 1999, pero foi en 2001 cando comezou o proxecto de recuperar a antiga praza de abastos de Xinzo da Limia para convertela no Museo Galego do Entroido. Un proxecto que contaría cunha sala de exposicións, un obradoiro de elaboración de pantallas e unha oficina de atención ó público. Pero desde 2003 as obras o proxecto están paralizadas por falta de cartos. Por iso, a asociación “A Pantalla” acaba de crear un padroado e unha fundación co obxectivo de reactivar o proxecto. Así o fixeron saber os membros da comisión de festas do entroido de Xinzo que anunciaron as datas da vindeira edición. A celebración comezará 13 de xaneiro co Domingo Fareleiro e rematará o 10 de febreiro co Domingo de Piñata.

Máis información en La Región e na nosa hemeroteca