Partimos da base que ARCO é unha feira á que acoden as galerías de arte contemporánea a vender, pero o feito de estar dentro de ARCO xa é un éxito. Entón a pregunta é que pode máis ¿o prestixio de poder acudir a esta feira ou as posibilidades de negocio que ten o evento? Existe unanimidade entre os galeristas galegos, son dúas realidades que forman parte da mesma moeda, como a pescada que morde o rabo. Asumpta Rodríguez, directora da Galería Trinta di que hai compañeiros que pensan que o prestixio non da cartos pero eu penso que si, porque te deixa acceder ao mercado e este concédeche máis prestixio, permíteche sobrevivir, contar cunha economía perfectamente saneada e, de rebote, dáche a posibilidade de facer exposicións de máis risco. Para min, as dúas cousas son moi necesarias. Da mesma opinión é Inés Ramiro, da Galería Ad Hoc e Carmen Fernández de Bacelos que pensan que as dúas variables van moi unidas: sen o prestixio dificilmente se vende e por moito prestixio que unha teña, se a galería vai mal non podes sobrevivir.
Mónica Iglesias de SCQ considera que as dúas cousas son importantes pero que no noso caso case importa máis o prestixio e a posibilidade de dar a coñecer o traballo que fas durante todo o ano. Hai que ter en conta que ARCO é unha feira na que se dan cita galerías a nivel internacional, que atrae a un público numeroso e que moitas veces a xente non compra aquí, pero facemos contactos que logo se acaban convertendo en clientes.
Traxectoria: as galerías
A presenza galega en ARCO ten cinco nomes propios desde hai varios anos. Son os das galerías de Santiago Trinta e SCQ, as viguesas AD HOC e Bacelos e a ourensá Marisa Marimón. Pero a historia da presenza das galería é diferente e remóntase case aos inicios de ARCO. A galería cunha traxectoria máis sólida e máis lonxeva é Trinta, que leva vinte e un anos ininterrompidos levando as súas propostas artísticas a Madrid. A súa directora, Assumpta Rodríguez lembra que durante moitos anos fomos a única galería de Galicia acreditada na feira. Ademais, en 1995 a Asociación española de Críticos de Arte deunos o premio á mellor galería e, aínda que pareza o contrario, iso cambiou as cousas, porque marcou un cambio moi importante para nós, porque foi como darnos unha palmada no lombo e animarnos a seguir traballando. Durante estas dúas décadas, a Galería Trinta recoñece que madurou, que abriu novos camiños e foi gañando en prestixio e solidez en canto á súa presenza expositiva. Iso si continuamos traballando fieis aos nosos principios, incorporando artistas internacionais e seguimos defendendo aos nosos artistas. Ignacio Basallo ou Berta Cacamo son dúas referenzas imprescindibles dentro da súa traxectoria.
O caso de SCQ é diferente. Desde 2001 ata 2005 asistiu a ARCO cunha proposta conxunta coa galería viguesa VGO. En xuño do ano pasado disolveuse o eixe que trazaron con SCQ, sen que iso afectase ao traballo e a traxectoria da galería santiaguesa, que continuou a súa andaina en solitario. A responsable de SCQ, Mónica Iglesias, recoñece que con respecto ao primeiro ano hai un cambio considerable, porque no 2001 tiñamos un espazo moi pequeno, de 25 metros, que era case indefendible coas obras coas que nós traballamos: escultura e traballos de gran formato, de 2X2. Malia que o espazo era moi pequeno, funcionou ben e o ano seguinte conseguiron xa un espazo máis grande, de 40 metros cadrados. En escultura Carlos Rial, Mónica Alonso e Sergi Aguilar; en pintura Din Matamoro, Pedro Calapés, Menchu Lamas, Almudena, Fernández, Carmen Calvo e Tatiana Medal son algunhas das apostas desta coñecida galería.
Bacelos é unha galería que sabe ben o que significa estar ou non en ARCO. No seu haber figura a presenza en sete edicións da feira madrileña estivemos dous anos sen poder asistir a ARCO porque non pasamos os requisitos de selección explica Carmen Fernández, unha das directoras da galería viguesa. Volveron hai catro anos e seguen desde entón de xeito ininterrompido apostando pola fotografía. Desde o momento que nacemos e ata o día de hoxe apreciamos varios cambios en primeiro lugar, fomos especializando o noso campo de traballo e agora dedicámonos principalmente á fotografía e, en segundo lugar, fomos madurando como galería. Carmen Fernández, directora de Bacelos, que chega de expor coa súa galería nunha feira de fotografía en París, recoñece que dentro dos criterios de selección das galerías en ARCO existen máis que os puramente artísticos. Penso que nós, como galería periférica, temos menos posibilidades que as galerías madrileñas, que mañenten contacto directo coas propias galerías. Carmen pensa que coa marcha de Rosina Gómez Baeza se abre unha nova etapa e haberá que agardar para ver que fai a nova directora, que criterios se adoptan e se a feira sigue como estaba ou ofrece cambios significativos. As discrepancias cos criterios a seguir polo comité que se encarga de seleccionar as galerías foron sempre públicos e notorios, sobre todo desde 1999 cando un grupo de galerías denunciaron a IFEMA.
Traxectoria: os museos
Mentres que a representación das galerías galegas se mantivo constante ao longo destes últimos anos, no caso dos museos a situación foi ben diferente. O CGAC volve limitar a súa presenza a un espazo institucional ao que leva publicacións e folletos mentres que o MACUF deixa de ter caseta propia na feira. No caso do CGAC desde o gabinete de prensa explican que o CGAC ten outro papel diferente do que teñen as galerías". Iso sí, asistirá a comprar obra tal e como marca o seu compromiso coa Fundacion ARCO (convenio polo que o centro galego gardará os fondos da sociedade madrileña ata que teña sede propia).
Por outra banda, o MACUF non terá un espazo propio en ARCO porque prefire investir os seus esforzos nas vindeiras exposicións e en dar a coñecer o museo que reabriu o verán pasado. Aínda así, a xerencia do MACUF si asistirá a ARCO a comprar máis obras para o seu fondo. Esta é a súa decisión para este ano pero desde o MACUF explican que é unha opción que haberá que contemplar en cada edición.
SCQ en ARCO 06
JOSE PEDRO CROFT
SCQ en ARCO 06
SUSANA SOLANO
TRINTA en ARCO 06
MANUEL VILARIÑO
S./T. (Limones) 2003, 2003 - 120 x 120 cm
TRINTA en ARCO 06
CARLOS PAZOS
Tejiendo lágrimas de oro bajo el cojín. (Amantes). 2006., 2003 - 16 X 31 x 24 cm
TRINTA en ARCO 06
PAMEN PEREIRA
El curso circular de la luz III 2005, 95 X 150 cm
BACELOS EN ARCO 06
CIUCO GUTIÉRREZ
Carrera de Caballos,2003, 50 X 60 cm
BACELOS EN ARCO 06
CHEMA MADOZ
S/T. 2001, 120 X 100 cm
BACELOS EN ARCO 06
JOAN FONTCUBERTA
Dali Geopoliticus, 2005, 120 X 100 cm
BACELOS EN ARCO 06
MANUEL VILARIÑO
Bodegón con higos, 2003, 120 x 120 cm
BACELOS EN ARCO 06
SIMÓN PACHECO
Isla, 2003, 120 x 120 cm
BACELOS EN ARCO 06
ANDRÉS PINAL
Sin Título. (Serie faros), 2003, 120 x 120 cm
BACELOS EN ARCO 06
CHEMA ALVARGONZÁLEZ
Mapas de Ciudad NY 1, 2003, 100 x 150 cm
BACELOS EN ARCO 06
CHRISTOPHER TAYLOR
Raj Bhavan Calcutta, 2003, 102 x 78 cm
BACELOS EN ARCO 06
JUAN CARLOS MEANA
Las historias incontables. , 2003, Instalación, Sala Carlos III, Universidad Pública de Navarra.
BACELOS EN ARCO 06
LYNNE COHEN
Spa. Dye Coupler, 2003, 121 x 147 cm
BACELOS EN ARCO 06
PABLO GENOVÉS
Destinos inciertos , 2002, 25 x 25 cm
AD HOC EN ARCO 06
Manuel Ocampo
Xoan Anleo
AD HOC EN ARCO 06
Curro & Manuel
Xoán Anleo