Comeza o prazo de votación para decidir os finalistas dos Mestre Mateo 2005

Comezan as votacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Concluído o período de alegacións, os membros da Academia Galega do Audiovisual xa poden votar aos candidatos aos premios Mestre Mateo 05. Repartidos en 26 categorías, este ano preséntanse 99 proxectos (9 máis que no ano pasado) de 41 produtoras (dúas menos que na última edición). O seguinte prazo é o 17 de febreiro, cando se darán a coñecer os catro finalistas de cada apartado. Os vencedores saberanse nunha gala que terá lugar na Coruña no mes de marzo.

Máis información no web da Academia

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Mestre Mateo, Academia Galega do Audiovisual, A Coruña