Profesionais do audiovisual propoñen os candidatos aos II Premios Mestre Mateo

Votar no cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Até o vindeiro 27 de febreiro está aberto o prazo para que os profesionais do sector poidan propoñer as producións, a calquera das 25 categorías que teñen os Premios Mestre Mateo que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Poden optar ao galardón as producións galegas, entendendo como tal aquelas que teñen un mínimo dun 25% de capital galego ou un 50% de equipo técnico ou artístico, e que foron emitidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2003. Pechado o proceso de recepción de candidaturas, enviaranse as papeletas de votación cos seleccionados que asistirán á "Festa dos nomeados" prevista para o día 15 de maio. O 26 dese mesmo mes péchase o prazo das votacións finais cuxo resultado se saberá na "Gala de entrega Premios Mestre Mateo 03", nunha data aínda sen fixar.

Máis información no noso apartado de certames e mais no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Mestre Mateo, Academia Galega do Audiovisual, Cine, Culturagalega