A Academia Galega do Audiovisual celebra este xoves a súa festa dos candidatos

Audiovisual de festa

7/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Este xoves (Pub Theatre, A Coruña 21:00 horas) terá lugar a festa dos candidatos aos Premios Mestre Mateo 05. Trátase da xuntanza previa á gala dos premios que se entregarán o domingo 19 na cidade herculina. A festa contará coa presencia dos candidatos, profesionais, membros da Academia, a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e o Director Xeral de Comunicación Audiovisual Manuel, José Fernández Iglesias.

Máis información sobre os premios na nosa hemeroteca e no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Ánxela Bugallo, Comunicación Audiovisual, Premios Mestre Mateo...